BaloncestoDeportesÚltima hora

Lucas Mondelo demanda á FEB, ao seu presidente e ás ex xogadoras Xargay e Cruz

Lucas Mondelo, nun dos partidos coa selección española absoluta feminina de baloncesto en Tokio.

 

O ex seleccionador español de baloncesto feminino absoluto, o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo (que fora cesado tras os Xogos Olímpicos de Tokio), demandou a primeiros de setembro á Federación Española de Baloncesto (FEB) e ao seu presidente, Jorge Garbajosa ao considerar que o seu despido é nulo.

Ademais, Mondelo, o técnico máis laureado da historia da selección feminina española, considera que Garbajosa vulnerou os seus dereitos fundamentais. A demanda ten sido admitida á trámite e xa hai un xuízo fixado para o vindeiro 24 de novembro en Madrid.

Por outra banda, Lucas Mondelo demandaba ás ex xogadoras da selección Marta Xargay e Anna Cruz por falsas acusacións que atentan contra a súa honra. As dúas demandas, presentadas a primeiros de setembro, foron tamén admitidas a trámite e falta saber a data do xuízo.

Artigos relacionados

Back to top button