BaloncestoDeportesÚltima hora

Lucas Mondelo inicia a súa segunda tempada á fronte do Toyota Antelopes

"Vamos!" será o berro de guerra deste equipo nipón de baloncesto feminino que adestra o técnico de orixe valdeorresa

Lucas Mondelo durante a presentación do seu equipo, o Toyota Antelopes.

 

Volta á competición para o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo García, seleccionador español de baloncesto feminino absoluto e adestrador do equipo nipón Toyota Antelopes dende o 2019. Así o sábado 19 de setembro ás 17h. en Xapón (10h. en España) comezará a súa segunda tempada á fronte deste club con moita ilusión e bos desexos.

“Estamos pasando un mal momento, un momento difícil, e é agora cando temos que estar máis unidos e ofrecer o noso mello baloncesto para que os nosos fans sexan felices e entón, agora, aínda que non esteades aquí ás veces é cando temos que estar máis xuntos, máis unidos”, destacaba Mondelo na presentación do equipo, que finalizaba co seu novo “berro de guerra”: Vamos!

 

 

 

Vídeo de presentación do equipo Toyota Antelopes, que adestra Lucas Mondelo

Artigos relacionados

Back to top button
Close