En portadaÚltima hora

Lucas Mondelo leva a España a unha nova final do Eurobasket

A selección española feminina sufría, pero acababa vencendo a Serbia por 71 a 66 e chegaba á final, asegurando unha medalla
Lucas Mondelo, co banquiño da selección española detrás, festexando a vitoria contra Serbia/ Foto: FIBA.

A vixente campioa europea de baloncesto feminino segue defendendo o seu cetro. España volvía vencer no Eurobasket feminino, desta volta á anfitriona, Serbia, nas semifinais. Facíao na tarde do 6 de xullo, asegurando dese xeito unha medalla no europeo e o pase á final.

A selección que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo sufría pero, unha vez máis, conseguíao e vencía por 71 a 66 ás serbias no Belgrado Arena. España xogaba coa cabeza e facía unha excelente defensa que lle daba o pase á final, a quinta dun europeo para esta selección. Agora España enfrontarase á Francia neste domingo para loitar polo ouro e defender o seu vixente título.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close