BaloncestoDeportesÚltima hora

Lucas Mondelo segue sumando vitorias á fronte do Toyota Antelopes

Este equipo, que dirixe o técnico de baloncesto de orixe valdeorresa, volvía vencer nesta fin de semana na Japan WLBL

Lucas Mondelo, dándolle instrución ás xogadoras do Toyota Antelopes, durante un partido./ Foto: Toyota Antelopes.

 

Ao berro de guerra “Vamos!” o equipo nipón de baloncesto feminino Toyota Antelopes, que dirixe Lucas Mondelo, segue sumando vitorias na Japan WLBL. Tras as logradas na pasada fin de semana fronte ao Sunshine Rabbits, vén de sumar outras dúas.

Así o 26 de setembro o equipo deste técnico de orixe valdeorresa enfrontábase ao Mitsubishi Koalas, cun resultado favorable de 66-78. E neste domingo, disputaba un novo partido con ese mesmo equipo, ganando, unha vez máis, cun marcador final de 78-66.

 

Artigos relacionados

Back to top button