CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo porán voz e música aos versos de Saramago en Madrid

Este espectáculo, titulado "Probablemente alegría", terá lugar o 23 de outubro ás 19:30h. no Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque

Lucía Álvarez (á dereita) e pianista Rosa Torres Pardo./ Foto: Claudia Campoamor.

 

Coincidindo co décimo aniversario do falecemento de José Saramago,  o Festival de Poesía de Madrid, Poemad, homenaxeará á obra poética do Premio Nobel de Literatura, José Saramago. Promoverá o vindeiro 23 de outubro ás 19:30h. cun recital titulado “Probablemente alegría”. Será conducido pola actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), que porá voz aos seus versos, e pola pianista, Premio Nacional de Música, Rosa Torres-Pardo.

A elas uniranse coa súa lectura algúns personaxes do mundo da cultura (como Juan Diego Botto e Pedro Guerra) para ler, cantar, tocar e bailar os versos “desta gran voz da literatura universal, creador dunha obra de compromiso, crítica, pero tamén enche de esperanza. A poesía de Saramago é reflexiva e furiosa, repleta de enormes alegorías e de potencia simbólica, aínda que sen esquecer nunca o compromiso coa verdade e esa posición, entre pesimista e filantrópica, que impregnou sempre a súa obra”, segundo a organización.

As entradas deste acto xa están esgotadas, pero poderá seguirse por streaming:
https://www.eventbrite.es/e/entradas-probablemente-alegria-la-poesia-de-jose-saramago-121869760735

Artigos relacionados

Back to top button
Close