CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lucía Álvarez e Rosa Torres-Pardo presentan “A Rosalía. Dúo de piano e voz emocionada” en Lisboa

Actuaban na tarde do 2 de marzo no Palácio Nacional da Ajuda da capital portuguesa

 

Continúa a xira internacional do proxecto “A Rosalía. Dúo de piano e voz emocionada”. Trátase dunha singular proposta da actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), e da pianista Rosa Torres-Pardo que xungue poesía, voz e música ao mesmo tempo que afonda na vinculación entre a poeta Rosalía de Castro e o escritor granadino Federico García Lorca.

Na tarde do pasado 2 de marzo este espectáculo presentábase en Lisboa (Portugal) no Palácio Nacional da Ajuda. Nel engárzanse os versos de Rosalía de Castro e os dos poemas galegos de Federico García Lorca cunha escolma de composicións musicais de autores como Granados, Antonio Soler, Schubert ou Chopin, entre outros.

Este traballo pasaba anteriormente por outros escenarios internacionais como os de Cracovia e Varsovia (Polonia).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close