CulturaCulturaÚltima hora

Lucía Álvarez, nunha lectura teatralizada sobre o Quixote no Instituto Cervantes

Xunto á actriz de Mouruás (San Xoán de Río) estarán María José Alfonso, Gracia Olayo e Francisco Vidal. Este acto terá lugar esta tarde no marco dunha homenaxe ao escritor mexicano Fernando del Paso
A actriz Lucía Álvarez./Foto: Cuco Cuervo.

“Viaxe arredor do Quixote” é o título dun ensaio no que o escritor mexicano mexicano Fernando del Paso amosa a súa inquietude polo Quixote. Este texto ten sido adaptado agora polo dramaturgo José Ramón Fernández para a súa lectura teatralizada nun acto de homenaxe ao seu autor no Instituto Cervantes.

Esta lectura será interpretada por tres actrices, entre elas, Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), xunto a M.ª José Alfonso e Gracia Olayo. Tamén participará o actor Francisco Vidal. Este acto terá lugar neste mércores 24 de abril ás 20:30h. no Instituto Cervantes en Madrid A entrada é libre ata completar aforo.

Pode seguirse a emisión en directo dende este link:
https://www.cervantes.es/sobre_instituto_cervantes/prensa/directos_tv/directo1.htm

Artigos relacionados

Back to top button