OurenseÚltima hora

Lucía Álvarez porá voz o 3 de outubro ás mulleres da poesía ourensá, no Liceo

Esta actriz ofrecerá un interesante recital de poesía a partir das 20:30h.

 

Os versos serán o eixo da próxima actuación da actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), na cidade de Ourense. Versos moi especiais cos que percorrerá unha serie de referentes femininos da provincia.

Así o vindeiro 3 de outubro ás 20:30h. no Liceo de Ourense ofrecerá o recital ‘‘As mulleres na poesía ourensá’’, cunha hora de duración. No seu decurso, Lucía Álvarez porá voz a poemas de Pura e Dora Vázquez, de Yolanda López, Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa, Marina Sánchez, Raida Rodríguez, Chus Pato ou Montse Villar, tal e como adianta.

Artigos relacionados

Back to top button