CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Lucía Álvarez, quiroguesa con orixes en Veigamuíños (O Barco), ten un dos mellores expedientes académicos de Galicia

Asistirá ao acto de recoñecemento que fará a Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro xoves 24 de xuño

Lucía Álvarez Domínguez, excelencia académica 2021./ Foto cedida.

 

Algo máis dunha semana despois de realizarse os exames de acceso á universidade (ABAU), dábanse a coñecer as excelencias académicas deste 2021. Dos estudantes que se examinaban no IES Cosme López Rodríguez da Rúa, 13 son do Barco de Valdeorras (7 do IES Lauro Olmo e 6 do IES Martaguisela), 2 do IES Xermán Ancochea de Trives, 1 do Cosme López e 1 do IES de Quiroga.

Do instituto de Quiroga eran catro os estudantes de 2º de Bacharelato que se examinaban e Lucía Álvarez Domínguez conseguía unha das notas máis altas de acceso á universidade: 13,30 sobre 14 na parte voluntaria e 9,5 sobre 10 na parte común.

Lucía é de Quiroga pero a súa familia paterna é de Veigamuíños (O Barco de Valdeorras) co cal se sentía case como en casa durante os exames, aos que recoñece que se presentou con tranquilidade. “O meu obxectivo é estudar Dereito Bilingüe na Coruña (para o cal só hai 20 prazas para as notas máis altas), pero cun 7-7,5 xa tiña garantido o acceso á carreira básica co cal ía tranquila”, explica a propia Lucía que asistirá ao acto de recoñecemento aos mellores expedientes de Galicia que se celebrará o vindeiro xoves 24 de xuño.

O acto celebrarase na Universidade de Santiago de Compostela ás 17 horas e debido á situación sanitaria será retransmitido por streaming a través da canlde YouTube da USC. Estará presidido polo reitor da universidade e contará coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados polos membros do Equipo Reitoral e unha representación dos decanos e directores da USC.

 

Artigos relacionados

Back to top button