CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lucía Álvarez recitará a Lorca no marco do concerto “Lorquiana” no Museo do Prado

Será ás 22h. deste 6 de abril ante o cadro do “Fusilamento do xeneral Torrijos” de Gisbert. A actriz de Mouruás (Río) estará acompañada neste espectáculo por Rosa Torres-Pardo e María Toledo

 

Lucía Álvarez, Rosa Torres-Pardo e María Toledo, diante do cadro do “Fusilamento do xeneral Torrijos”./ Foto cedida.

Dentro do XXIX Festival Internacional de Arte Sacro da Comunidade de Madrid e do bicentenario do Museo do Prado de Madrid, esta pinacoteca acollerá nesta noite de sábado 6 de abril tres concertos. Un deles será “Lorquiana”, con Rosa Torres-Pardo (Premio Nacional da Música 2017) ao piano, co canto de María Toledo e coa dirección de escena de Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río).

Este espectáculo, que se estreaba hai uns días no Corral de Comedias de Alcalá de Henares, conmemora o centenario da chegada de Federico García Lorca a Madrid e recolle as diversas cancións populares que este autor harmonizou. Previamente ao concerto que poderá verse nesta noite no Museo do Prado (e cuxas entradas están esgotadas), Lucía Álvarez recitará un romance que Lorca escribiu sobre o cadro “Fusilamiento de Torrijos e do seus compañeiros nas praias de Málaga” (1888) .

“O espectáculo ímolo facer na sala do Museo do Prado onde está o cadro que Gisbert que lle dedicou a Torrijos, a quen matou Fernando VII”, conta Lucía Álvarez. O poema que recitará titúlase “Romance a la muerte de Torrijos”.

Artigos relacionados

Back to top button