CulturaCulturaÚltima hora

Lucía Álvarez rememora, a través dunha lectura dramatizada, o “Fusilamento de Torrijos”

Desta maneira concluía unha exposición no Museo do Prado arredor deste cadro, obra de Gisbert

O 11 de decembro de 1831 o xeneral José María Torrijos (1791-1831) era fusilado, xunto a outros liberais, nas praias de Málaga, por orde de Fernando VII. Este feito histórico deixaba unha forte impronta e inspiraba a diferentes autores, tanto plásticos como literarios. Mostra diso é o cadro “Fusilamento de Torrijos e os seus compañeiros nas praias de Málaga” (1888) de Antonio Gisbert (1834-1901), que forma parte da colección do Museo do Prado.

Con motivo da clausura dunha exposición que a pinatoca vén de organizar sobre este óleo, tiña lugar na tarde do 5 de setembro unha lectura dramatizada a cargo da actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), no Auditorio do museo. Nela, e tendo como imaxe de fondo o citado cadro, ía tecendo a historia e o contexto deste suceso e do seu protagonista, botando man de diversos textos, o primeiro dos cales era a emotiva carta que o propio Torrijos lle escribía a súa dona, Luisa Sáenz de Viniegra, como despedida.

Había ademais textos de José de Espronceda, Enrique Gil y Carrasco, Federico García Lorca, Ramón Gómez de la Serna, Antonio Machado, Juan Marsé, Rafael Chirbes, Javier Marías ou Thomas Carlyle, entre outros. Entre eles figuraban catro poemas.

Fotos cedidas.

A actriz Lucía Álvarez, durante o acto./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button