DeportesÚltima hora

Lucía Herrero convocada pola Federación Española de Karate para as probas de selección do Campionato de Europa de 2020

As probas terán lugar do 20 ao 22 de decembro no Centro de Alto Rendemento Deportivo de Madrid

Xavier e Lucía, deportistas internos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

 

Non tivo sorte na final da liga nacional de karate disputada a comezos de mes, perdendo no primeiro combate sen opción a seguir competindo. Un resultado que malia disgustala porque o vía factible, non impediu que seguise traballando para dar o máximo dela mesma e hoxe recibía unha nova recompensa.

A karateka barquense Lucía Herrero Valcarce (CK River Stone), interna no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, vén de ser convocada xunto ao seu compañeiro no centro, Xavier Santos Veiga (San Francisco Teo) pola Real Federación Española de Karate para as probas de selección do Campionato de Europa das categorías cadete, júnior e sub21 de 2020.

As probas terán lugar do 20 ao 22 de decembro de 2019, no Centro de Alto Rendemento Deportivo de Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button