DeportesKárateÚltima hora

Lucía Herrero e Lena Álvarez (KC River Stone do Barco), participarán esta fin de semana na 1ª fase da Liga Nacional de Karate

As karatekas valdeorresas competirán nas modalidades de kumite sénior -55kg e kata cadete, respectivamente

Lucía Herrero Valcarce co chandal da Selección Española de Karate.

 

Cunha competición nacional comezan o ano os karatekas do KC River Stone do Barco de Valdeorras. Lena Álvarez Pérez e Lucía Herrero Valcarce son dúas dos nove deportistas galegos que participarán na primeira fase da Liga Nacional Cadete, Sénior e Para-Karate que se celebrará esta fin de semana en Alicante.

A Liga Nacional Iberdrola, na que compiten as deportistas do Barco disputarase o domingo. Lena faráo en kata cadete e Lucía en kumite sénior -55kg.

 

Lena Álvarez no Memorial José Luis Puente, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button
Close