DeportesÚltima hora

Lucía Herrero participa esta fin de semana na fase final da liga nacional de karate

A karateka barquense competirá o domingo 8 de decembro na modalidade de kumite júnior feminino -53 kg

Lucía Herrero Valcarce. /Foto cedida.

 

Despois das medallas de prata conseguidas na 2ª roda da liga nacional celebrada en setembro en Málaga, e no campionato de España disputado en Talavera de la Reina, a karateka barquense Lucía Herrero Valcarce afronta a fase final da liga que se celebrará esta fin de semana na Cidade Deportiva “Virgen de la Cabeza”.

O sábado 7 de decembro celebrarase a final masculina , pola mañá ata a categoría sub-21 e pola tarde na categoría sénior. O domingo 8 de decembro celebrarase a final feminina Iberdrola, pola mañá ata a categoría Sub-21 e pola tarde na categoría sénior. Será o domingo cando compita a deportista do Club River Stone do Barco, unha dos 16 karatekas galegos de 6 clubs, para participar na modalidade de kumite júnior feminino -53 kg.

Polo River Stone tamén compite Nazán Barreda Fernández, na modalidade de kata benxamín masculino.

Artigos relacionados

Back to top button