DeportesÚltima hora

Lucía Herrero (River Stone) consegue unha medalla de prata no campionato galego júnior de karate

A karateka barquense subía ao segundo caixón do podio en kumite júnior -59 kg

Lucía Herrero (esquerda), prata en kumite -59 kg. /Foto cedida.

Unha nova medalla de prata vén de conseguir a karateka barquense Lucía Herrero Valcarce, desta volta no campionato galego cadete/júnior/sub21 celebrado este domingo en Ferrol (A Coruña).

A deportista do Club River Stone do Barco participaba na modalidade de kumite, na categoría júnior feminino -59 kg e aí subía ao segundo caixón do podio. A medalla de ouro foi para Martina Jazmín Souto do Club Shihan e as de bronce para Noelia Penabad (Artes Marciales Fene) e Aya Fathallah (Akai Ryu).

 

Artigos relacionados

Back to top button