DeportesKárateÚltima hora

Lucía Herrero, subcampioa na segunda fase da liga nacional sub21 de karate

A proba disputábase esta fin de semana en Alovera (Guadalajara)

 

Máis de 400 deportistas de entre 16 e 20 anos participaban esta fin de semana na segunda fase da liga nacional júnior e sub21 celebrada na localidade de Alovera (Guadalajara). E entre eles estaba a kararateka do KC River Stone do Barco, Lucía Herrero Valcarce quen despois da súa participación na categoría sénior a comezos de mes (unha categoría superior á súa), volvía subir a un podio, desta volta na súa, a sub21.

 

Lucía Herrero co seu compañeiro de adestramento, Xavier Santos.

 

A primeira rolda desta categoría foi o último campionato de karate celebrado en Ávila xusto antes da declaración do estado de alarma decretado polo goberno pola pandemia do COVID-19 e aí Lucía xa se proclamaba subcampioa. Case 8 meses despois a deportista barquense revalidaba o título logrando a medalla de prata e subindo ao segundo chanzo do podio na modalidade kumite -55 kg.

Na xornada do sábado competían os mozos e na de hoxe, domingo 18 de outubro, facíano as mozas.

Fotos: Real Federación Española de Karate.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button