DeportesÚltima hora

Lucía Herrero Valcarce (River Stone), prata na 2ª ronda da liga nacional de karate celebrada en Málaga

A karateka barquense recibiu novamente unha beca para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

A karateka barquense Lucía Herrero Valcarce. /Foto cedida.

 

A pasada fin de semana celebrouse nas instalacións deportivas Cidade de Carranque en Málaga, a 2ª roda da liga nacional de karate nas categorías júnior e sub 21, na que participaron 12 deportistas galegos entre os que se atopaba Lucía Herrero Valcarce, do Club River Stone do Barco.

A karateka valdeorresa, a única ourensá na proba, competía na modalidade de kumite júnior feminino -53kg, logrando unha meritoria medalla de prata. Por segundo ano, Lucía conseguíu unha beca para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra e unha das súas compañeiras de centro, Lucía Guerrero Mouriz de Ferrol lograba a medalla de bronce en +59kg.

 

Lucía Guerrero, Ruth Lorenzo (adestradora no centro de alto rendemento) e Lucía Herrero. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button