OurenseÚltima hora

Lucía Malingre, do Colexio Divina Pastora de Ourense, recibe o Premio Ecovixiante do mes

 

Pola súa disposición, o seu bo facer e o seu voluntariado, valores moi ecovixiantes, a alumna do Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, recibía onte o Premio Ecovixiante do mes de man do xefe de estudos do centro, Jaime Álvarez.

Nesa mesma xornada, o equipo de Ecovixiantes de Franciscanas aproveitaba o recreo para seleccionar tapóns solidarios e pilas usadas, que en breve será entregados a Albarellos.

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas amosando as cabichas recollidas.

 

Ademais, só uns días antes, recollín cabichas na Pista Roja, entre as rúas Barros Sibelo e Camiño Caneiro de Ourense. Tamén recollían plásticos e vidro; e recibían unha taza como agasallo do Programa Clases sen Fume.

No tempo de xogo, disputaban un partido de fútbol entre Sporting Sogama e Atlético Pilabot, donde o profesor Lalo facía un hat trick, aínda que “quen verdaderamente ganou foi o medioambiente”, asegura o propio Lalo.

 

Os ecovixiantes co material de limpeza usado e tamén o de xogo.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button