Lucía Pérez estará na Gala APMOU 2018 que se celebrará este venres no Teatro Principal

A recadación irá destinada a programas de terapias con animais a favor de Autismo Ourense

A cantante galega Lucía Pérez.

Co obxectivo de sacar adiante diferentes programas de traballo de terapias con animais para persoas de Autismo Ourense, a asociación APMOU (Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás), que traballa a diario polo coidado, atención, alimentación, integración e actividades con animais, organizou unha espectacular gala benéfica que se celebrará este venres 15 de xuño no Teatro Principal de Ourense.

A partires das 21:30h. pasará polo escenario un elenco de artistas que “fará brillar esa noche coa súa música, humor, maxia, danza e espéctaculo”, aseguran dende APMOU. Nomes como Lucía Pérez, Rubén Riós, Fran Valenzuela, Xabier Vizcaíno, Tamara Pérez, Rosario Cruz Lahoz, Aida Blanco Dorrego, Mago Deimi ou Enka Danza.

A gala incluirá ademais os pases de moda de Alvarino (cerimonia, home, festa e muller), Hada Madrina, Alma – Moda y complementos, El Sueño de Lu e Angelo Milano. E todo por unha boa causa: recadar cartos para programas de terapia con animais para xente con Autismo.

 

Cartel da gala.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies