ConcellosÚltima hora

Ludoteca infantil na Feira do Lázaro en Verín

Esta celebración terá lugar na fin de semana do 12 e 13 de marzo no pavillón de deportes da vila

ludv

As actividades infantís formarán parte do programa da Feira do Lazaro de Verín, que se desenvolverá no pavillón municipal os días 12 e 13 de marzo. Así durante os dous días da feira estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais e nais podan percorrer este certame mentres os seus fillos tamén se divirten. A ludoteca estará ubicada no ximnasio do propio pavillón (sábado de 17 a 21 horas, e o domingo de 11 a 14 e de 17 a 21 horas).

Ademais na xornada do sábado, ás 19 horas, os cativos poderán participar no obradoiro infantil de cociña creativa impartido por Trasnos y Dulces Regalos de Eva no que os pequenos elaborarán una cesta e un ovo de Pascua e prepararán galletas decoradas con fondart.

Outra das propostas do programa do sábado 21 de marzo será, ás 18:30 horas, unha exhibición de baile dos cursos de Acrosport e Urban do Concello de Verín. Este evento está organizado polo Concello de Verín coa patrocinado por Inorde, Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button