OurenseÚltima hora

Luis Aragonés presenta en Ourense o Novo Renault Mégane

O concesionario Renault e Dacia na provincia, vén de celebrar o 70 aniversario
Presentación do Novo Ranault Mégane no concesionario Luis Aragonés de Ourense.
Presentación do Novo Ranault Mégane no concesionario Luis Aragonés de Ourense.

No ano 1946 Luis Aragonés Fernández contactaba por primeira vez coa casa Renault. 70 anos despois, na tarde do 18 de febreiro Luis Aragonés y Cía, SL, concesionario Renault e Dacia na provincia de Ourense, celebraba o aniversario acompañado por amigos e compañeiros, presentando o Novo Renault Mégane, fabricado en Palencia, e co que Renault “enriquece o seu centro de gama cun deseño distintivo e unha tecnoloxía intuitiva única no seu segmento”, explican dende o concesionario.

O encargado de presentar o evento foi Gerardo Aragonés, xerente do concesionario, quen destacou as principais novidades do Novo Renault Mégane, un coche que cunha calandra de gran tamaño e un logo vertical impoñente, reivindica a súa identidade de marca. “As súas luces dianteiras en forma de “C” combinadas coa tecnoloxía Edge Light 3D (LED) subraian a elegancia do seu deseño”, puntualizan dende Luis Aragonés.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button