CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Luís Emilio Batallán dará un concerto acústico no Liceo de Ourense

O intérprete regresa á cidade das Burgas para presentar o seu novo disco 70 y 29
Luís Emilio Batallán.

O vindeiro sábado 3 de marzo, o Liceo de Ourense vestirase de gala para recibir a Luís Emilio Batallán, que regresa á cidade das Burgas para presentar o seu novo disco, un traballo máis íntimo, coidado e persoal. Adicado a súa nai Ofelia, recentemente desaparecida, 70 y 29 recolle ritmos caribeños, bossa-nova, bachata, merengue e mesmo reggaetton. O elepé foi producido dende Cuba e Nova York e distribuído por Universal Music contando coa colaboración de artistas como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat ou Pablo Milanés, entre outros.

Hai pouco, cumpríanse corenta anos do primeiro disco de Batallán, Aí ven o maio. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70. A partires de aí, Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbumes recoñecidos como Ballet da nena, Eres un fármaco e en 2007, Tu retrato. Luís Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro (no disco Había que chegar incorpora o tema Adiós ríos, adiós fontes con Pablo Milanés), Celso Emilio Ferreiro (o tema Agardarei) ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos Quen puidera namorala baseado no poema No niño no voo do vento) entre outros.

As entradas para o concerto do venres ás 21h. están a venda no Liceo de Ourense e a través de Ticketea, por un prezo de 8 € para socios, 10 € anticipada e 12 € en billeteira. O concerto está organizado por Abella Creativa coa colaboración do Liceo de Ourense e Prosoda.

Artigos relacionados

Back to top button