ConcellosÚltima hora

Luis Fernández preside o seu primeiro pleno tras asumir a alcaldía da Rúa

Na sesión aprobábase, entre outros puntos, unha moción conxunta do partido socialista e do BNG pedindo o mantemento da área sanitaria de Valdeorras
O alcalde da Rúa, Luis Fernández, na sesión plenaria da tarde do 4 de setembro./ Foto: Mónica G. Bellver.

Na tarde do 4 de setembro o Concello da Rúa celebraba unha sesión plenaria, a primeira presidida polo socialista Luis Fernández Gudiña, tras tomar posesión como alcalde a finais de xuño. Entre os puntos da orde do día figuraban a conta xeral do 2016 e dúas mocións presentadas de forma conxunta polos grupos municipais do PSeG-PSOE e do BNG, os tres asuntos saían adiante cos seis votos a favor de socialistas e nacionalistas e os cinco en contra do PP.

A primeira era relativa á posta en marcha dun modelo de “plan único” no reparto de fondos da Deputación de Ourense para os concellos da provincia de Ourense. E a segunda pedía a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, que inclúe a supresión da área sanitaria de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button