ConcellosParada de SilÚltima hora

Luis María Barrio e José Manuel Novoa, ganadores do XIII Premio de Fotografía Rosa Pons en Parada de Sil

"La hora de la lectura" e "Respirar" foron as mellores imaxes do concurso

Xa se coñece o nome dos ganadores do XIII Premio de Fotografía Rosa Pons que convoca o Concello de Parada de Sil. O xurado estaba formado por Luis Baños, membros da Asociación Fotográfica O Potiños e actuando de secretario o presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil, Xosé Antón Vázquez.

 

“La hora de la lectura”.

 

Despois dunha longa deliberación, o xurado acordaba conceder o primeiro premio á fotografía titulada “La hora de la lectura” do rioxano Luís María Barrio na modalidade tema libre, dotado con 700 euros; quedando en segundo lugar a fotografía “Momentos” do navarro Javier Yárnoz Sánchez, con 200 euros.

Na categoría de visións de Parada de Sil os 800 euros do primeiro premio foron para o ourensán José Manuel Novoa coa súa foto “Respirar”, e o segundo premio de 300 euros para a foto titulada “Entre nueves” de Rosa Villar, unha asidua participante neste concurso.

 

“Respirar”.

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino, vén de amosar o seu aradecemento ao patrocinador deste concurso Camilo Yáñez Pons a súa xenerosidade, así como ao xurado que de xeito altruísta axudou a resolver o concurso.

Artigos relacionados

Back to top button