CulturaCulturaÚltima hora

Luis Nogueira será homenaxeado na Semana de Cine do Barco

Este ano a butaca será para o lanzador de xavelina falecido hai dous meses

O atleta Luis Nogueira, nunha imaxe de arquivo.

 

Na presentación do ciclo “Noites de Cine” do Barco, o programador e presidente do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, facía unha especial mención a Avelino Álvarez falecido o ano pasado, que axudaba na montaxe do cine; e tamén a Luis Nogueira coñecido deportista e sanitario barquense que falecía en abril deste ano.

José María adiantaba que unha vez conclúa o ciclo de verán, comezará a XXX edición da Semana de Cine (edición que tiña que ser suspendida o ano pasado pola situación sanitaria) que se celebrará do 27 de agosto ao 5 de setembro deste 2021, e cuxa butaca será para Luis Nogueira. “Será unha homenaxe como sanitario, como deportista e como persoa”.

 

José María Rodríguez, presidente do Cine Club Groucho Marx.

Artigos relacionados

Back to top button