EconomíaEconomíaÚltima hora

Luís Rivera continúa á fronte do Centro Comercial Aberto Ourense Centro

A xunta directiva ao completo renovábase na asemblea telemática celebrada onte

A asemblea celebrouse por videoconferencia.

 

Por videoconferencia, para gardar os protocolos sanitarios, celebraba o CCA Ourense Centro a súas asembleas xeral ordinaria e extraordinaria electoral na tarde do mércores 17 de marzo, na que se renovaba a Xunta Directiva para os vindeiros catro anos facendo balance da súa xestión.

Ante a ausencia de máis candidaturas, Luís Rivera renovaba o seu cargo como presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, xunto coa directiva actual, que se presentou integramente para a súa reelección. Rivera recibiu a súa reelección con “ilusión e agradeceu o apoio dos comerciantes durante os seus oito anos a cargo do CCA Ourense Centro”, destacando a “participación activa dos asociados nas campañas implementadas” e poñendo o punto de mira nos “obxectivos da asociación de fronte ao futuro: apoiar e reforzar o comercio de proximidade, dinamizar as compras mediante variedade de accións promocionais e continuar na liña actual de dixitalización con foco central na súa nova plataforma de venda en liña Mais Tendencia”.

Entre as accións comerciais que se barallaron na reunión citouse a posibilidade dunha alternativa á Mostra da Oportunidade que permita garantir o comercio seguro para comerciantes e clientes; unha nova campaña de incentivo comercial; e a implementación dunha nova ferramenta para a fidelización de clientes. A idea central transmitida na videoconferencia -en palabras de Luís Rivera- é que “o comercio unido, de confianza e de calidade segue aquí como o centro neurálxico que dá vida a unha cidade como Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button