EconomíaEconomía

Luis Rivera renova como presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro outros catro anos

A Asemblea Electoral Extraordinaria, celebrada hoxe, reelixiuno ao seres a única candidatura que se presentou ao cargo
Luis Rivera na asemblea.

Centro Comercial Aberto de Ourense Centro vén de celebrar, o 23 de xaneiro, a súa Asemblea Electoral Extraordinaria co obxectivo de elixir á nova Xunta Directiva. Ante a única candidatura do anterior presidente, Luis Rivera, o seu cargo foi renovado automaticamente para un período de catro anos máis.

Segundo informan fontes da propia organización, Luis Rivera presidirá unha xunta directiva “que conxuga veteranía e caras novas”. Rivera agradeceu o apoio prestado durante os catro anos previos, destacando os logros alcanzados e poñendo o punto de mira nos obxectivos do futuro: “apoiar e reforzar o comercio local, dinamizar as compras e continuar modernizando o Centro Comercial Aberto, con máis accións encamiñadas ao uso das tecnoloxías da información dixital, redes sociais e venta online”.

En canto ás promesas, Rivera salientou que seguirá traballando “con ilusión e esforzo” para seguir ofrecendo un espazo aberto e dinámico no corazón da cidade, “facendo que os ourensáns síntanse acollidos e ben atendidos”, remarcou. Tamén quixo destacar a “importancia da unión dos asociados” e a súa colaboración con iniciativas e campañas que se levan a cabo, aludindo á importancia do diálogo, a implicación, a iniciativa e o compromiso como claves para o éxito de Ourense Centro.

Artigos relacionados

Back to top button