CulturaEducaciónÚltima hora

Luis Rodríguez Míguez, galardoado coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense

A Deputación outórgalle este recoñecemento “polas súas achegas aos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo e como precursor dos estudos das aguas mineiro medicinais e o seu uso clínico”

Mariluz Villar e Manuel Baltar

O doutor Luís Rodríguez Míguez será galardoado, a título póstumo, coa medalla de Ourro da Provincia de Ourense. O goberno provincial quere entregarlle o seu máximo distintivo a este investigador para poñer en valor “as importantes achegas que Rodríguez Míguez fixo nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo e como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico”.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, tivo hoxe unha reunión coa viúva do profesor, Mariluz Villar, na que lle comunicou os trámites que vai levar a cabo a Deputación para a concesión desa máxima distinción provincial. O presidente asinou hoxe a providencia para o inicio do expediente, cuxa instructora será a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino.

Manuel Baltar afirmou que Rodríguez Míguez “sumarase á destacada nómina de persoeiros que teñen recibido a medalla de Ouro da Provincia de Ourense, como o musicólogo Manuel de Dios, compositor do himno de Ourense; Recaredo Paz, fundador de Aixiña; Xaime Quesada, artista plástico; o historiador Marcos Valcárcel, e o grupo musical ‘Los Suaves”. O presidente destacou que esta é “unha merecida distinción” xa que o doutor “o foi todo” en canto a termalismo se refire e “contribuíu a realizar e relanzar a riqueza termal que fai que Ourense sexa singular”.

Artigos relacionados

Back to top button