CulturaCulturaÚltima hora

Luis Sánchez, ganador do I Concurso de fotografía “Olladas de igualdade” da Rúa

O segundo e terceiro premio do certame correspondíanlle, respectivamente, a Javier Yornaz e a María del Carmen Fernández
Algunhas das imaxes participantes no concurso./ Foto: Carlos G. Hervella.
Algunhas das imaxes participantes no concurso./ Foto: Carlos G. Hervella.

O xurado do Concurso de fotografía “Olladas de Igualdade” reuníase na tarde do 7 de marzo para elixir os tres mellores traballos desta primeira edición, convocada polo Concello da Rúa con gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo.

Algúns dos membros do xurado, vendo as fotografías./ Foto: Carlos G. Hervella.
Algúns dos membros do xurado, vendo as fotografías./ Foto: Carlos G. Hervella.

Sobre a mesa encontrábanse oito traballos de entre os que saía o primeiro premio, que lle correspondía a Luis Sánchez da Rúa pola fotografía “Na leira”. O segundo premio era para Javier Yornaz de Pamplona por “Torneo en igualdad”, mentres que o terceiro recaía en “Olladas de igualdade”, unha imaxe presentada por María del Carmen Fernández Prada do Barco.

Os traballos participantes reuniranse nunha mostra que poderá verse en breve. Coa organización deste certame o Concello da Rúa busca “visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes”.

Artigos relacionados

Back to top button