ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Luís Vaecillo entra no universo de Casares con música e monicreques na Biblioteca de Verín

Os nenos desfrutaban deste orixinal e animado contacontos na tarde do 21 de xuño

“O Mundo de Carliños” é unha proposta singular e pensada para adentrar aos máis pequenos no mundo das historias saídas da imaxinación do escritor ourensán Carlos Casares. Luís Vaecillo levábaa na tarde do 21 de xuño á Biblioteca Municipal de Verín convertindo esta instalación nunha auténtica festa para os máis pequenos.

Trátase dun orixinal contacontos que mestura música e monicreques para dar a coñecer a obra do autor homenaxeado este ano nas letras galegas. O espectáculo parte da idea de que antes de ser escritor, Carlos Casares foi neno e xa entón soñaba con máxicos personaxes que facían voar a súa imaxinación: unha galiña azul, as laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou un can chamado Rin…

Esta actuación, na que participaban nenos de 3 a 9 anos, estaba enmarcada na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button