EconomíaEconomíaÚltima hora

“Lula” de Gundivós, premio de “Artesanía de Galicia” a toda unha vida

Esta veciña de Sober de 90 anos vén de recibir esta mañá este galardón en Santiago
Galardonados nesta edición dos Premios Artesanía de Galicia.

Trinta anos da súa vida ten destinado Obdulia Rodríguez “Lula” de Gundivós a recupearar e dar a coñecer a olería tradicional desta zona lucense. En recoñecemento e ese labor esta veciña de Sober de 90 anos recollía na mañá do 18 de decembro en Santiago o Traxectoria 2017 de “Artesanía de Galicia”, nun acto que estivo presidido polo conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Trátase dun galardón honorífico, sen dotación, e que pretende recoñecer a carreira profesional, así como a contribución do premiado á promoción da artesanía. A candidatura desta oleira foi presentada polo Concello de Sober. O alcalde, Luis Fernández Guitián, acompañou á premiada e na súa intervención fixo unha loubanza e recoñecemento a Lula e aos oleiros de Gundivós.

 

Obdulia Rodríguez, “Lula” de Gundivós.

Lula procede dunha familia de oleiros e representa á cuarta xeración. Comezou aos 12 años neste labor artesán e reiniciou o seu traballo en 1981 coa primeira Feira do Viño de Amandi, ao seu regreso da emigración.

“Hoxe con 90 anos segue a representar os valores da xente humilde e traballadora desta comarca de oleiros. Tamén é símbolo da muller do rural e exemplo de traballo e superación”, segundo se destaca dende o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button