ConcellosÚltima hora

O lume entra no Parque Natural do Xurés

Segundo os últimos datos, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas na parroquia de Río Caldo (Lobios)

 

Neste outono os incendios forestais continúan sendo noticia na provincia de Ourense. O último afecta ademais á superficie dun dos tres parques naturais ourensáns: o da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Este lume comezaba pasadas as oito da tarde de onte luns na parroquia de Río Caldo, pertencente ao concello de Lobios. Nestes momentos o incendio continúa activo e, segundo as primeiras estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta a unha superficie de arredor de 20 hectáreas.

Para extinguir este lume mobilizáronse 6 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button