ConcellosÚltima hora

Lume forestal en Chaguazoso, en Vilariño de Conso

Imaxe de arquivo dun incendio.
Imaxe de arquivo dun incendio.

Case a piques de entrar no inverno, na tarde do 3 de decembro declarábase un lume forestal na parroquia de Chaguazoso, no concello de Vilariño de Conso. O incendio iniciábase ás 15:26h., tal e como informa a Consellería do Medio Rural, e “permanece activo polo de agora”.

O incendio quedaba extinguido ás 23h10 desa mesma noite. Segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural,! a superficie afectada é de 40 hectáreas de monte raso”. Nos labores de extinción participaron 4 axentes forestais, 6 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Artigos relacionados

Back to top button