ConcellosÚltima hora

Lume en Vilamaior do Val (Verín)

Ás 14:25h. do 30 de setembro producíase un incendio forestal na parroquia de Vilamaior do Val, pertencente ao concello ourensán de Verín. Segundo as primeiras etimacións que facía públicas a Consellería do Medio Rural, o lume afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. No lugar traballaban 1 técnico, 5 axentes, 22 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 7 avións.

Ao redor das nove da noite o incendio quedaba estabilizado e en torno ás once xa estaba controlado, segundo Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button