En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Lumes tamén no Burgo (Castro Caldelas) e Chandrexa

Ambos incendios, que se iniciaban nesta tarde, superan xa as 20 hectáreas

 

O lume estase a cebar coa provincia de Ourense nesta tarde. Aos incendios forestais de Cova (Trives) e da Infesta (Monterrei), súmanse outros dous declarados nas últimas horas. Un deles sitúase na parroquia do Burgo, no concello de Castro Caldelas, e o outro na zona de Chandrexa de Queixa.

O do Burgo estase a aproximar a un parque eólico e xa supera as 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural.

Tamén o de Chandrexa de Queixa supera as 20 hectáreas.

As oito primeiras imaxes desta galería son do incendio forestal do Burgo e as seguintes do de Chandrexa.

Máis información sobre lumes na provincia:
https://osil.info/incendio-corta-autovia-52-guimarei-monterrei/

Artigos relacionados

Back to top button