OurenseÚltima hora

Luns de filmoteca no Cineclube Padre Feijóo co documental “Lume no mar”

Samuel, o protagonista do documental.

Arranca unha nova semana e con ela os plans de cinema. O Cineclube Padre Feijóo propón para este luns, 27 de novembro, propón un documental italiano titulado “Fuocoammare” (Lume no mar), dirixido por Gianfranco Rosi. Gañador do Oso do Festival de Berlín 2016.

O escenario desta cinta transcorre na Illa de Lampedusa, que é o punto máis meridional de Italia, que dende 1990 converteuse nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogaron durante a travesía para alcanzar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e da fame.

Samuel, o protagonista, vive na illa e ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa onda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, pese a que todo ao seu carón fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.

A proxección será en dúas sesións: ás 20:30 e ás 23:00 horas na Casa da Cultura-Biblioteca Pública de Ourense. A entrada ten un custo de 2 euros para asociados e 2,5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button