CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

As “Lurpias” de Gargallada Teatro conquistan ao público da Rúa

O grupo barquense puxo en escena a súa obra en torno ao cabaré

O humor, a picardía e os acenos irreverentes dunha compañía de cabaré en tempos de crise, da man de seis mulleres que reafirman a súa independencia. Iso é segundo os responsables da propia agrupación, a esencia de “Lurpias” o espectáculo músico-teatral que na tarde do 20 de marzo Gargallada Teatro poñía en escena no Centro Cultural Avenida da Rúa.

Con dirección escénica de Fran Fernández Neira e dirección artística de Nelson Quinteiro, as “Lurpias” foron interpretadas por Aurora Fernández, Sandra Méndez, Noemi Pinto, Amparo Rodríguez, Rosa Cortiñas e Fran Fernández. Irreverentes, coquetas, seductoras, guerrilleiras,… as seis artistas conquistaron ao público rues.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button