OurenseÚltima hora

“Do lusco fusco ao albor” mostra colectiva da Agrupación FotoSintese, no Outono Fotográfico

A exposición consta de 38 fotos e permanecerá aberta do 7 ao 30 de novembro en La Molinera, Ourense
Cartel da exposición.

Por cuarto ano consecutivo, a Agrupación FotoSintese de Ourense participa no Outono Fotográfico. E faino con “Do lusco fusco ao albor”, unha exposición colectiva formada por 38 imaxes de 19 autores coa fotografía nocturna como fío condutor.

“Toda obra fotográfica ten variados e múltiples compoñentes pero cecais as luces e as sombras sexan os seus eixos vertebradores”, din dende a Agrupación FotoSintese, explicando que a noite, o escurecer do día, a chegada do solpor ou os primeiros minutos do mencer, “son momentos onde o traballo coa cámara adquire novos retos”. O predominio das sombras e a presenza de tipos de iluminación moi diferentes as do día, “fai que ao fermoso traballo de obter imaxes se lle engada ese misterio da noite que provoca que os mesmos lugares, paisaxes ou arquitecturas ,teñan unhas formas e texturas moi diferentes”, engaden, desexando que os visitantes “desfruten co noso traballo”.

A mostra permanecerá aberta do martes día 7 (inauguración ás 19:30h.) ao xoves día 30 de novembro nos locais de La Molinera, en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button