CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Luz Casal e a súa banda, co barquense Jorge Ojea á guitarra, actuará este venres en Ourense

Esgótanse as entradas para o concerto que a cantante galega dará no Auditorio
Jorge Ojea e Luz Casal.

Tras varios anos de ausencia, a cantante galega Luz Casal regresa a Ourense para presentar o seu novo LP, Que corra el aire. Un disco que como di a propia autora “entronca co que algúns consideran o meu pasado e que para min é o meu presente”.

Dez novas cancións e unha pequena homenaxe conforman este traballo discográfico, o primeiro da carreira de Luz grabado e mesturado integramente en España, tocado en directo no estudo e producido por Ricky Falkner. A xira Que corra el aire estáa levando por todo o mundo, cun repertorio no que ademais de presentar os novos temas, fai un percorrido polos seus grandes éxitos. “Un espectáculo que vai satisfacer aos seus seguidores máis fieis e que sorprenderá a todos aqueles que aman a boa música”, aseguran dende Cávea Producciones.

O concerto, no que Luz estará acompañada pola súa banda co músico barquense Jorge Ojea á guitarra, está previsto para este venres 8 de febreiro no Auditorio Municipal (20:30h.) e as entradas están xa esgotadas.

Artigos relacionados

Back to top button