DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Luz Mª Domínguez e Domingo Álvarez (Burgas Atletismo) conseguen 5 medallas no campionato de España máster

Ámbolos dous corredores participarán en setembro no campionato do mundo que se celebrará en Májaga

Cinco medallas (tres ouros, unha prata e un bronce), dous récords dos campionatos e un récord galego, son os resultados conseguidos polos atletas do Burgas Atletismo, no camionato de España máster celebrado en Vitoria a pasada fin de semana.

Luz María Domínguez proclamábase campiona de España de 800 e 400 establecendo en ámbalas dúas probas o récord do campionato na categoría F55. Ademais, a súa marca de 1:08.22 nos 400 supón un novo récord galego. Completaba a súa actuación nos 200, proba na que no esta especializada, sumando unha medalla de prata

Pola súa parte Domingo Álvarez impoñíase con autoridade nos 800 M60 un tempo de 2:21.83. Tamén lograba o bronce nos 400 con 1:03.26 e un quinto posto nos 1500.

A próxima cita para estos dous atletas será o campionato do mundo máster que tendrá lugar en setembro en Málaga.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button