ConcellosÚltima hora

Luz verde á ampliación da residencia de maiores de Muíños

O alcalde firma un convenio coa Consellería de Política Social para acometer as reformas, que permitirán dotar ao centro de 59 prazas
Rey Varela e o alcalde de Muíños, esta mañá, na firma do convenio que permitirá ampliar a residencia de maiores.
Rey Varela e o alcalde de Muíños, esta mañá, na firma do convenio que permitirá ampliar a residencia de maiores.

A residencia de maiores de Muíños, ubicada no lugar de Mugueimes, xa está un paso máis cerca da ampliación que a dotará de 59 prazas. O alcalde do municipio, Plácido Álvarez, asinou esta mañá un convenio de colaboración co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para o financiamento das obras. Neste senso, o titular autonómico sinalou que isto é posible como “un dos froitos da coordinación entre a Xunta de Galicia e os entes locais para coordinar a atención social dos cidadáns galegos”.

O centro comezouse a construír en 2006 polo Concello e leva funcionando dende o 2014. Agora, con esta ampliación que financiará a Xunta en parte, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a residencia pasará de 40 a 59 prazas. A colaboración materialízase en 150.000 euros a xustificar entre as anualidades 2016, 2017 e 2018.

Artigos relacionados

Back to top button