ConcellosÚltima hora

A LV Festa do Pulpo do Carballiño promocionarase en Lleida (Cataluña)

O alcalde e o concelleiro de Turismo asistirán o 14 de novembro a un acto no Centro Galego da cidade catalana
Participantes na pasada edición da Festa do Pulpo no Carballiño. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da Festa do Pulpo no Carballiño. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dende o Concello do Carballiño continúan dando pasos na promoción da súa festa máis representativa, dentro e fóra das fronteiras galegas. Con ese obxectivo, o alcalde, Francisco Fumega e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, asistirán o luns 14 de novembro a un acto promocional da LV Festa do Pulpo no Centro Galego de Lleida e a unha recepción no Concello desta cidade catalana.

Ámbolos dous eventos enmárcanse na celebración das Xornadas Culturais Federación Casas Rexionais que coincide co XXXV Aniversario da Federación de Casas e Centros Rexionales de Lleida e que terán lugar do 10 ao 20 de novembro. Segundo informan dende o Concello do Carballiño, a visita prodúcese por invitación da directiva do Centro Galego de Lleida, presidida por Xosé Terceiro Folgar. Unha entidade fundada no ano 1977, conta con máis de 700 socios e organiza multitude de actos culturais e festivos durante todo o ano. “Incluso celebra a súa propia Festa do Polbo, que vai xa pola 19 edición”, puntualizan dende o Concello.

 

O Centro Galego de Lleida acollerá a o acto de promoción da LV Festa do Pulpo do Carballiño.
O Centro Galego de Lleida acollerá a o acto de promoción da LV Festa do Pulpo do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button