En portadaGalerías de fotosÚltima hora

M.AR.CO, un paseo por unha galería de arte moi especial en Petín

Esta iniciativa cultural promovida polo Concello resultaba todo un éxito

 

No caso antigo de Petín respirábase arte en estado puro nesta fin de semana. Este fermoso entorno convertíase os días 14 e 15 de agosto (entre as 20h. e as 23h.) nunha galería de arte ao aire libre moi especial. Das fachadas da igrexa e do conxunto de casas de pedra da parte mmáis antiga da vila penduraban cadros de diferentes temáticas, estilos e formatos de autores como Carina ou Lito, entre outros. Pintura, pero tamén escultura en madeira ou ferro de autores como Torino e Conde.

 

 

Esta singular proposta cultural, na que se seguían todas as medidas de seguridade fronte ao Covid, resultaba todo un éxito e numerosas persoas realizaban este percorrido artístico. Esta iniciativa estaba promovida polo Concello de Petín en colaboración cos artistas participantes e co apoio de Protección Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button