OurenseÚltima hora

M.Isabel Mijares recibirá o Premio “Muller e Viño” da D.O. Ribeiro nunha gala presentada por Touriñán e Ledicia Sola

Esta prestixiosa enóloga conta cunha longa carreira profesional ligada ao viño que se remonta á década de 1960
María Isabel MIjares./ Foto: Rolando Gil.

Seguen desvelándose os nomes dalgúns dos galardoados dos Premios da D.O. Ribeiro, que se entregarán o vindeiro 18 de xuño no Mosteiro de San Clodio (Leiro). É o caso de María Isabel Mijares será distinguida co Premio “Muller e Viño”. Enóloga, química e escritora nada en Estremadura, está recoñecida como unha das personalidades máis influentes do mundo no sector, ao que está ligada dende a década de 1960.

Mijares únese así a Paradores, “Premio de Honra”, e aos programas da Televisión de Galicia Labranza e O Agro, que dirixe o valdeorrés Manuel Cruz, que recibirán o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”.

Ademais a D.O. Ribeiro daba a coñecer que os presentadores da gala serán os actores Ledicia Sola e Xosé Antonio Touriñán. Durante o evento, tamén se entregará o premio “Vida entre Vides” á traxectoria ligada á D.O. Ribeiro e proclamaranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button