CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Mª Carmen Gago Florenti, no festival de arte e poesía “Grito de mujer”

Coordinado por Edith Fernández, celebrouse na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco

Creado pola poeta Jael Uribe e con eventos por todo o mundo, o festival de arte e poesía “Grito de mujer” chegaba por primeira vez a Valdeorras.

Despois de celebrarse tamén por primeira vez en León e por terceiro ano en Ponferrada, e con oito edicións a nivel internacional, na tarde do 17 de marzo, facía parada na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco. Tralo recibimento por parte da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, que recibía (igual que todos os participantes) un certificado por “sumar o seu grito á nosa causa e por convertese en parte importante doevento”, a coordinadora do evento procedía a explicar a orixe e obxectivo do festival que este ano está adicado ás nais como “faros de esperanza”, asegurando que os festivais que ela organiza son a favor da muller “pero nunca en contra do home”. De feito era un fermoso poema escrito por un home á súa filla, que a propia Edith leu, o que marcaba o inicio do festival.

Entre os poetas presenciais estaban as valdeorresas Mª Carmen Gago Florenti que conta cunha ampla traxectoria no ámbito da literatura, e Lauro Mondelo. Tamén da comarca son Sara Núñez, deseñadora de moda e ilustradora que expuxo algúns dos seus bocetos; e Cristina Yáñez, estudante de Comunicación que fixo de fotógrafa oficial.

A propia Edith leu un poema seu e tamén o dunha decena de poetas que enviaron os seus escritos dende diferentes partes do mundo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button