DeportesÚltima hora

Maceda acolle o campionato galego de ciclocross

Pablo Rodríguez e Lucía Vázquez, vencedores absolutos da proba celebrada a finais de decembro

O corredor macedán Pablo Rodríguez Guede do equipo MMR Bikes Pro Team proclamábase campión de Galicia de ciclocross, na proba celebrada en Maceda o 28 de decembro. Adrián Valverde (Rías Baixas CC) era segundo, Raúl Fernández (CC O Rosal) terceiro e o local Saúl López (CC Maceda) cuarto.

En féminas a vencedora era Lucia Vázquez (Vicma Bike Team) que chegaba á meta con gran vantaxe sobre a segunda, Chus Barros (Spol). Terceira era Lorena Senin (Cambre Caeiro).

Nas demais categorías, as vitorias foron para Mauro González (Salvaterra de Miño CC) en elite; Brais Sendin (EC Redondela) e Desirée Duarte (Interdesign-Xarao) en júnior; Iván Feijóo (CC Maceda) e Sara Trigo (Salvaterra CC) en cadetes; Alejandro Mesias (Quintena) en master 30; Juan José Saborido (Compostelano CC) en master 40; e Antonio González (Salvaterra CC) en master 50.

A competición contou asemade coa presenza de José Antonio Hermida (Mérida Multivan) que participaba na proba convidado polo club organizador, o CC Maceda-Actyon-Academia Postal, e “malia non optar ao título de campión galego, levaba a “vitoria” desta carreira, diante do seu público, por algo estaba organizada pola súa escola de ciclismo e no pobo dos seus pais” explican dende o CC Maceda.

Fotos: CC Maceda-Actyon-Academia Postal.

Artigos relacionados

Back to top button