ConcellosÚltima hora

Maceda celebra unha gala benéfica a favor dos refuxiados sirios

Será o vindeiro sábado 18 de xuño, a partires das 21h
Cartel dos artistas que actuarán no concerto do sábado.
Cartel dos artistas que actuarán no concerto do sábado.

O Concello de Maceda acollerá o vindeiro sábado 18 unha gala benéfica en favor dos refuxiados sirios. Para iso recadaranse fondos que serán destinados aos asentamentos de Grecia a través da Red Alert Refugees. As entradas terán un custe de catro euros. Pódense mercar até o propio día.

A proxección do documental terá lugar o venres, no salón de actos do Concello.
A proxección do documental terá lugar o venres, no salón de actos do Concello.

O evento terá varias partes, por unha banda, comezará cun concerto a partires das 21h. Terá lugar no parque Francisco Carballo -antigo parque do Toural- e contará coas actuacións de diferentes artistas locais: Os do Fuelle, Carlos Quintas, Mar Rivero, Xarabote e o grupo Andrius Blues Nights & Jam Band.

Por outra banda, haberá tamén unha proxección da película ‘Syria Self Portrait, Silvered water’. Trátase dun documental que se poderá ver no salón de actos do Concello na xornada do venres 17, ás 20h. Pódese acceder coa mesma entrada solidaria adquirida para o concerto.

Artigos relacionados

Back to top button