ConcellosÚltima hora

Maceda contará cun novo circuíto de adestramento ciclista

O Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte asinan un convenio para a construción dun Pump Track
Sinatura do convenio de colaboración entre o alcalde de Maceda e o secretario xeral para o Deporte.
Sinatura do convenio de colaboración entre o alcalde de Maceda e o secretario xeral para o Deporte.

Determinada pola demanda de diferentes sectores da poboación de Maceda, e dada a intensa actividade deportiva que se leva a cano no municipio, especialmente a vencellada ao BTT, o Concello e a Dirección Xeral de Deportes veñen de asinar un convenio de colaboración para a construcción dun circuíto Pump Track, un recinto de adestramento adecuado para a mellora e perfeccionamento dalgunhas disciplinas ciclistas. Tal como adiantan dende a Xunta, as obras que se acometerán consisten principalmente en movemento de terras, rede de drenaxe e saneamento da antiga nave hípica Os Secos, cun presuposto que ascende a 61.000 euros.

A sinatura do convenio tiña lugar na mañá do venres 16 de setembro en Maceda coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; da secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado; do  concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e do alcalde de Maceda, Rubén Quintas. O titular de Deportes aproveitou a ocasión para animar aos responsables do goberno local “a seguir traballando no fomento do deporte, en colaboración coas entidades deportivas, centros educativos e colectivos veciñais, estendendo a súa práctica a todos os sectores da poboación como ferramenta de crecemento persoal e de detección de novos talentos deportivos”.

Artigos relacionados

Back to top button