Galerías de fotosÚltima hora

As Macizas Centrais, de ronda polos bares de Quiroga

Era o único grupo ourensán dos sete participantes nos II Cantos de Taberna de Quiroga. As Macizas Centrais sumábanse a esta proposta musical e festiva noitiña do 7 de xaneiro. Dende as seis da tarde escorrentaban o frío con moita música, cantos e bo humor, animando o ambiente de cada un dos establecementos de hostalaría quirogueses polos que pasaban ata a medianoite.

Fotos: As Macizas Centrais.

Artigos relacionados

Back to top button