CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

As Macizas Centrais de Terras de Trives, nos II Cantos de Cantinas polo Saviñao

Nesta edición do certame lucense, celebrado con éxito o 22 de outubro, participaban media de grupos e outras tantas cantinas

Cunha xuntanza de público e grupos musicais na Praza Maior de Escairón arrancaba a primeira hora da tarde do 22 de outubro a segunda edición dos “Cantos de Cantinas polo Saviñao”. A partires de aí subíanse ao autobús e comezaban a visitarse media ducia de cantinas pertencentes a este circuíto musical. Desta volta eran seis tamén os grupos participantes, entre os que o único ourensán era o das Macizas Centrais, das Terras de Trives.

Neste evento de música e cultura popular que se despregaba polo rural do Saviñao tamén tomaban parte Pingalleomoco, do Courel; Searas, de Chantada; Corenta e Chinco Boys, da Pobra do Brollón; A Cadela Asasina, de Monforte e Pantón; e Con ton sin son, da Vila do Asma.

As pezas que tocaban eran cantigas, músicas populares e as actuacións tiñan unha duración de entre trinta e corenta minutos por establecemento. A ronda remataba a medianoite. “A finalidade desta iniciativa vai máis aló de encher de vida uns espazos adicados ao ocio no rural xa que tamén se pretende a interacción entre as persoas oriúndas e as que compoñen os grupos”, explican dende a organización, en mans do colectivo de moz@s Lucecús.

Nesta galería de fotos poden verse aos membros das Macizas Centrais diversos momentos do percorrido.

Fotos cedidas polo grupo As Macizas Centrais.

Artigos relacionados

Back to top button